Feijóo "lamenta" e "respecta" a dimisión de Esperanza Aguirre. O presidente da Xunta e candidato á reelección agarda asegura que a dirixente madrileña "sempre lle botou á vida moita paixón" e coida que é "moi difícil atopar unha política nas últimas décadas co seu palmarés", polo que agarda que os seus motivos sexan "temporais".
Fálase
As necesidades de capital de Novagalicia Banco coñeceranse antes das eleccións. Segundo adianta Europa Press na súa web, o 28 de setembro estará listo o informe das consultoras consultadas polo Estado para todo o sector bancario español.
Almunia advirte a España que o seu silencio sobre o rescate é "un risco" pola volatilidade dos mercados e insta a Rajoy a decidirse "xa" sobre a petición de axuda.
O BNG lanza a segunda entrega da súa serie #feijóomentirán, sobre os "incumprimentos" do Goberno galego, neste caso dedicada á lei de dependencia e aos servizos sociais
Esperanza Aguirre anuncia a súa dimisión como presidenta da Comunidade de Madrid "por razóns persoais". Ignacio González ocupará o cargo en funcións até a celebración dunha nova sesión de investidura. Aguirre afirma que o cancro que sufriu é un dos factores que máis inflúe na súa decisión e salienta que "non abandono a política, vou pasar a segunda fila".
Apupos e asubíos a Wert, Cospedal e os Príncipes na inauguración do curso. Nun acto en Toledo, os manifestantes criticaron os recortes ao berro de "máis educación, menos corrupción".
O PSdeG resposta ás advertencias de Feijóo en torno a un suposto "desgoberno" na Xunta se o PP perde a maioría absoluta. "Referirase a se ten que pactar con Mario Conde", retruca o secretario de organización dos socialistas, Pablo García
Nova protesta da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contra os recortes. Varias persoas maniféstanse ante a Consellería de Educación no comezo do curso en Secundaria. Imaxe de @CIG-Ensino.
Gloria Lago despídese de Bieito Lobeira no seu blog. A voceira de Galicia Bilingüe salienta que "lleva un montón de años en el Parlamento azotando con su lengua de látigo a quienes osan cuestionar su dogma lingüístico".
Tres sindicalistas detidos en Madrid por incidentes na folga ferroviaria. Os disturbios tiveron lugar na estación de Atocha da capital de España.