#consellodaxunta A Xunta "intervén" a xestión de tres complexos deportivos na Coruña polas "deficiencias" detectadas na prestación do servizo por parte da empresa concesionaria, a UTE Gaia-Movex
Fálase
Eurofund, o fondo británico de investimento que promove o proxecto de Porto Cabral, asina un convenio coa Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra. Mantén a súa presión sobre o Concello de Vigo para que o goberno municipal desenvolva o proxecto a partir do actual PXOM.
O director xeral da CRTVG xustifica a inspección do correo electrónico e da navegación por internet do seu persoal. A información, hoxe en Praza.
Liborio García, David Amor, Marcos Pereiro, Xosé Antonio Touriñán ou Alba García son algúns dos persoeiros públicos que apoian a campaña lanzada pola Plataforma Sarriana polo Río en contra do proxecto de reforma do Malecón da vila.
O porto de Sanxenxo foi escenario na tarde de onte de enfrontamentos entre o persoal do Real Club Náutico e veciños contrarios á construción dun pantalán privado, que ocupará unha das praias da vila.
Mª José Alonso e Alicia Estévez ingresarán na Real Academia Galega de Ciencias, despois de 24 anos sen que houbese ningunha muller na institución
O PIB galego creceu unha décima no cuarto trimestre pero caeu un 1,1% en 2013, segundo datos do IGE.
Un grupo armado toma as sedes do Parlamento e o Goberno de Crimea. O ministro de Interior de Ucraína pon en estado de alerta ás tropas e á policía.
Greenpeace amordaza os leóns do Congreso dos Deputados para protestar contra a lei anti protesta que prepara o Goberno e que considera "un torpedo directo á liña de frotación do sistema de liberdades: o dereito á libre expresión e o dereito de reunión e manifestación.
Ás 10:00 comparece no Parlamento o director xeral da CRTVG para explicar, a petición de AGE e BNG, por que a empresa decidiu controlar o correo electrónico do seu persoal. Así o adiantou Praza Pública.