O paro crece en 1.272 persoas en Galicia no mes de novembro (un 0,68% máis), e en 7.255 no conxunto de España (un 0,21%). Hai 187.175 galegos e galegas rexistradas como demandantes de emprego, 3.474.281 en todo o Estado. O número total de persoas con traballo en Galicia descendeu en 747 (‐12.773 en toda España), ata ficar nas 989.157.
Fálase
David Regades e Álvaro Santos, gañadores nas primarias ás secretarías provinciais do PSOE de Pontevedra e Lugo, celebradas este domingo
Medio milleiro de persoas protestan en Ponte Caldelas contra o trasvase do río Verdugo cara a Eiras, o encoro que abastece a Vigo. A Xunta proxecta levar a cabo esta operación para paliar a falta de auga que sofre a meirande cidade de Galicia. Ponte Caldelas teme que o Goberno galego "pase por riba" das competencias urbanísticas do concello declarando a incidencia supramunicipal do trasvase.
O Eurogrupo -que reúne os ministros de Economía da Eurozona- escolle este luns un novo presidente ou presidenta. Entre os catro candidatos está o ministro portugués de Finanzas, Mário Centeno.
O Tribunal Supremo Electoral de Honduras anuncia o comezo do escrutinio especial das actas restantes, fronte ás críticas da oposición, que esixe transparencia e denuncia fraude electoral. O toque de queda sumou onte a súa terceira noite, na que se volveron a producir protestas da poboación contra o Goberno
O Tribunal Supremo comunica este luns pola mañá se deixa en liberdade baixo fianza aos líderes de Òmnium e ANC e aos oito exconsellers da Generalitat que aínda están en prisión
Centos de persoas, unhas 3.000 segundo a organización, marchan en Vilagarcía en defensa do Hospital do Salnés e contra a nova lei de saúde da Xunta que pretende suprimir áreas sanitarias. [Foto:@juliotq]
Falece aos 68 anos o pintor pontevedrés Manolo Moldes, membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Cóntao Pontevedra Viva.
Praza Pública segue presente no Culturgal na súa última xornada, este domingo, compartindo espazo co escritor xornalista e humorista Carlos Mexide.
O Porto de Vigo rexistra desde o verán seis intentos de embarcar como polisóns en buques con destinos fóra da Unión Europea. O Faro de Vigo conta que os interceptados foron seis albaneses e o obxectivo maioritario era chegar a Canadá.