Falece aos 68 anos o pintor pontevedrés Manolo Moldes, membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Cóntao Pontevedra Viva.
Fálase
Praza Pública segue presente no Culturgal na súa última xornada, este domingo, compartindo espazo co escritor xornalista e humorista Carlos Mexide.
O Porto de Vigo rexistra desde o verán seis intentos de embarcar como polisóns en buques con destinos fóra da Unión Europea. O Faro de Vigo conta que os interceptados foron seis albaneses e o obxectivo maioritario era chegar a Canadá.
O xulgado arquiva a causa por delitos de suborno e contra a ordenación do territorio que pesaba sobre Telmo Martín. A denuncia por unha construción en Portonovo databa de 2006, durante a anterior etapa de Martín como alcalde de Sanxenxo, cargo ao que volveu hai medio ano.
O PSdeG celebra este domingo primarias para renovar as súas direccións provinciais en Pontevedra e Lugo tras a elección de Gonzalo Caballero á fronte do partido en Galicia. En Lugo uns 2.100 afiliados poden elixir entre o portavoz na Deputación, Álvaro Santos; o alcalde de Castroverde, José María Arias; e a tenente de alcalde de Burela, Patricia Otero. En Pontevedra 2.800 militantes elixen entre o concelleiro vigués David Regades e o veterano redondelán Eduardo Reguera. Na Coruña e Ourense as primarias serán o 17 de decembro.
O Bestiario do Vestiario, no Galicia en Goles da Radio Galega. Martiño Suárez fala da serie de historias deportivas que Praza.gal publica cada luns. Aquí podes escoitar o podcast.
Pontevedra acolle ata o domingo o Culturgal, que chega á súa décima edición. Praza.gal está presente compartindo espazo co escritor, xornalista e humorista Carlos Mexide.
A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas realizou este sábado unha viaxe a Ferrol en reivindicación dun tren de proximidade cuxo custo cuantifican en 1,2 millóns ao ano.
Marina Mayoral ingresa como académica de honra na Real Academia Galega. A escritora pronuncia un discurso (descárgao aquí) sobre os motivos de Murguía para destruír as cartas de Rosalía: “El construíra a imaxe dunha Rosalía mártir. Para completar o seu labor de enaltecemento só lle faltaba destruír as cartas, nas que debía de aparecer unha Rosalía que non se axustaba a esa imaxe”.
Fomento acelera agora a mellora da seguridade ferroviaria iniciada tras o accidente de Angrois e que puido evitar o do Porriño de hai un ano. O Goberno decidiu este venres adiantar a substitución do sistema Asfa analóxico polo dixital, que frea un tren con exceso de velocidade aínda que o maquinista non o faga.