O persoal da Xustiza en folga amence ás portas da Xunta no inicio da segunda xornada da súa acampada reivindicativa. A primeiras horas deste martes recibiron a visita do voceiro de En Marea, Luís Villares.

O persoal da Xustiza en folga amence ás portas da Xunta no inicio da segunda xornada da súa acampada reivindicativa. A primeiras horas deste martes recibiron a visita do voceiro de En Marea, Luís Villares.
Veñen de pechar os centros de votación na Universidade de Santiago e ás 19 horas farano os da Universidade de Vigo. Os resultados do escrutinio na USC pódense seguir nesta web e os da Uvigo nestoutra. Toda a información sobre as eleccións ao Reitorado e demais votacións, esta tarde en Praza.
PAS, estudantado e PDI da Universidade de Santiago convocan este martes ás 12 horas unha concentración diante da Facultade de Medicina para denunciar a presenza da Policia no interior das facultades "sen autorización das autoridades universitarias e sen a existencia de delictos que o xustifiquen". Fan referencia, sobre todo, ás accións dos axentes durante a folga estudantil do pasado 19 de abril e durante a folga feminista do 8 de marzo.
O persoal da Xustiza en folga inicia unha acampada ante a sede da Xunta en San Caetano. Consulta aquí toda a información
O veto de España a Kosovo deixa á Coruña sen os campionatos europeos de halterofilia junior e sub-23 que se ían celebrar na cidade, segundo avanza o portal Inside the games. O Estado español non recoñeceu a independencia de Kosovo e non concede visados aos atletas dese país. A competición trasládase a Polonia.
Compostela reviviu, 162 anos despois, o Banquete de Conxo. Un xantar popular puxo o remate a dous días de actividades ao redor desta celebración.
Unha manifestación demandou en Compostela un plano forestal diferente ao presentado polo PP. A marcha, en defensa "dun rural vivo" e dos montes comunais, foi organizada por ORGACCMM co apoio de Adega, CIG, SLG, Fruga ou APDR. Imaxe: BNG
A Asociación galega de Pediatría de Atención Primaria alerta de que os centros de saúde do país necesitan un 13% máis de pediatras e advirte de que o deficit crecerá nos vindeiros anos polo gran número de xubilacións que se esperan.
Lupe Gómez, por Camuflaxe e Emma Pedreira, por Bibliópatas e fobólogos, Premios da Crítica Española en lingua galega nas categorías de poesía e narrativa respectivamente, uns galardóns que se deron a coñecer este sábado en Murcia
Feijóo chama a "recuperar" as alcaldías da Coruña, Compostela e Ferrol para convertelas en "tractoras" de Galicia. O presidente da Xunta participou na romaría organizada polo PP en Amio, onde os populares repartiron polbo, empanada e carne o caldeiro para catro mil persoas