O persoal da Xustiza en folga inicia unha acampada ante a sede da Xunta en San Caetano. Consulta aquí toda a información

O persoal da Xustiza en folga inicia unha acampada ante a sede da Xunta en San Caetano. Consulta aquí toda a información
O veto de España a Kosovo deixa á Coruña sen os campionatos europeos de halterofilia junior e sub-23 que se ían celebrar na cidade, segundo avanza o portal Inside the games. O Estado español non recoñeceu a independencia de Kosovo e non concede visados aos atletas dese país. A competición trasládase a Polonia.
Compostela reviviu, 162 anos despois, o Banquete de Conxo. Un xantar popular puxo o remate a dous días de actividades ao redor desta celebración.
Unha manifestación demandou en Compostela un plano forestal diferente ao presentado polo PP. A marcha, en defensa "dun rural vivo" e dos montes comunais, foi organizada por ORGACCMM co apoio de Adega, CIG, SLG, Fruga ou APDR. Imaxe: BNG
A Asociación galega de Pediatría de Atención Primaria alerta de que os centros de saúde do país necesitan un 13% máis de pediatras e advirte de que o deficit crecerá nos vindeiros anos polo gran número de xubilacións que se esperan.
Lupe Gómez, por Camuflaxe e Emma Pedreira, por Bibliópatas e fobólogos, Premios da Crítica Española en lingua galega nas categorías de poesía e narrativa respectivamente, uns galardóns que se deron a coñecer este sábado en Murcia
Feijóo chama a "recuperar" as alcaldías da Coruña, Compostela e Ferrol para convertelas en "tractoras" de Galicia. O presidente da Xunta participou na romaría organizada polo PP en Amio, onde os populares repartiron polbo, empanada e carne o caldeiro para catro mil persoas
As Encrobas (Cerceda) acolleu este sábado a II Marcha pola Memoria, que fixo fincapé no papel desenvolvido por Moncho Valcarce na loita contra a ocupación de terras por parte de Unión Fenosa en 1977. Entre os e as participantes, veciñanza afectada polo proxecto mineiro de Touro. Vídeo de @aflairaeu
Esta fin de semana desenvólvese en Compostela a Festa do Banquete de Conxo, dous días de debates, roteiros, feiras, recitais, concertos e, por suposto, un xantar popular que lembran a importancia histórica do encontro que tivo lugar en entre estudantes e obreiros
Oviedo acolle este sábado unha manifestación pola oficialidade do asturiano e do galego-asturiano, organizada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) e que conta co apoio dos sindicatos CCOO, UGT, Suatea, USO e a Conferencia Intersindical. A canción "Agora ye'l momentu", do gaiteiro Xuacu Amieva, será un dos temas que soará na marcha