As Encrobas (Cerceda) acolleu este sábado a II Marcha pola Memoria, que fixo fincapé no papel desenvolvido por Moncho Valcarce na loita contra a ocupación de terras por parte de Unión Fenosa en 1977. Entre os e as participantes, veciñanza afectada polo proxecto mineiro de Touro. Vídeo de @aflairaeu
Fálase
Esta fin de semana desenvólvese en Compostela a Festa do Banquete de Conxo, dous días de debates, roteiros, feiras, recitais, concertos e, por suposto, un xantar popular que lembran a importancia histórica do encontro que tivo lugar en entre estudantes e obreiros
Oviedo acolle este sábado unha manifestación pola oficialidade do asturiano e do galego-asturiano, organizada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) e que conta co apoio dos sindicatos CCOO, UGT, Suatea, USO e a Conferencia Intersindical. A canción "Agora ye'l momentu", do gaiteiro Xuacu Amieva, será un dos temas que soará na marcha
A Xunta mantén a recomendación de non beber auga de pozos na zona do Porriño afectada polo lindano. Un total de 82 veciños e veciñas (o 62% das persoas que foron requiridas) realizaron análises de sangue para descartar os efectos tóxicos
O Concello da Coruña fai público o protocolo asinado este mércores por Xunta, Ministerio de Fomento, Portos do Estado e Autoridade Portuaria para o futuro dos terreos portuarios e que só lle foi remitido ao Goberno local dous días despois. O alcalde, Xulio Ferreiro, cualifica o documento de "auténtica hipoteca para a cidade". "Non saben do que as coruñesas e os coruñeses somos capaces de facer para defender o que é o noso", advirte.
O xulgado de Noia reabre a causa contra José Enrique Abuín, o Chicle, pola suposta violación da súa cuñada. A xuíza ve "similitudes no modus operandi entre estes feitos e outros atribuídos indiciariamente ao mesmo sospeitoso".
Fran Alonso, novo director de Edicións Xerais. O escritor vigués sucede a Manuel Bragado, que a pasada semana anunciou a súa marcha, tras 24 anos no cargo. Alonso traballa na editorial dende 1992 e dende 2001 viña exercendo como subdirector, encargado da edición literaria. Ademais, entre 2006 e 2010 foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores
Mercedes Peón publica o videoclip de "Déixaas", o tema que dará título ao seu novo álbum, o primeiro en 8 anos, e que sairá á rúa o vindeiro venres. O 27 de abril poderemos escoitar Déixaas, que sucede a SOS, Sihá, Ajrú e Isué, que acadaron un grande éxito de público en crítica dentro e fóra de Galicia.
PuntoGal distribuirá 12.000 marcapáxinas nas librarías e feiras do libro de Galicia. Cada marcapáxinas inclúe un código co que se poderá adquirir un dominio .gal por só 15 euros máis IVE. A promoción estará activa entre o 23 de abril e o 31 de agosto.
ETA vén de difundir un comunicado no que recoñece o dano causado: "Somos conscientes de que provocamos moita dor. Sentímolo de verdade". A nota non fai referencia á disolución do grupo terrorista, que se prevé que se produza na primeira semana de maio