O Concello da Coruña fai público o protocolo asinado este mércores por Xunta, Ministerio de Fomento, Portos do Estado e Autoridade Portuaria para o futuro dos terreos portuarios e que só lle foi remitido ao Goberno local dous días despois. O alcalde, Xulio Ferreiro, cualifica o documento de "auténtica hipoteca para a cidade". "Non saben do que as coruñesas e os coruñeses somos capaces de facer para defender o que é o noso", advirte.
