Os Orzamentos do Concello de Lugo para 2018 pasan o seu último trámite coa publicación no BOP. Coa entrada en vigor das contas lucenses cinco das sete cidades galegas teñen en marcha o orzamento deste ano. Ferrol mantén prorrogado o de 2015 e Ourense, o de 2014.
