VÍDEO | O cómico Leo Bassi regresa a Santiago e evoca o seu enfrontamento co ex-alcalde Conde Roa, que censurou unha actuación súa no Teatro Principal da capital galega porque lle producía "repugnancia" pouco antes de verse obrigado a dimitir. Bassi conversa con Nós TV sobre aquel episodio e a respecto do seu espectáculo: "eu sigo sendo bufón e triunfando, pero el...", ironiza sobre o antigo rexedor popular.
