O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, comunica ao sindicato UGT que se dá de baixa polo seu "apoio" ao "golpe separatista" en Catalunya. A Cadena SER publica a carta remitida por Rivera ao sindicato.

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, comunica ao sindicato UGT que se dá de baixa polo seu "apoio" ao "golpe separatista" en Catalunya. A Cadena SER publica a carta remitida por Rivera ao sindicato.
O analista galego Xulio Ríos gaña o premio Cátedra Chinesa pola súa achega ao coñecemento da realidade do país asiático. Nesta ligazón podes repasar as súas achegas a Praza.gal
Os Orzamentos do Concello de Lugo para 2018 pasan o seu último trámite coa publicación no BOP. Coa entrada en vigor das contas lucenses cinco das sete cidades galegas teñen en marcha o orzamento deste ano. Ferrol mantén prorrogado o de 2015 e Ourense, o de 2014.
Manifestacións estudantís percorren arestora varias cidades e vilas galegas nunha nova xornada de folga e protesta contra a LOMCE e a prol de maior peso da igualdade de xénero no ensino. Máis información, hoxe en Praza.gal. #Folga19A
A CIG envía unha carta a CCOO e UGT emprazando os sindicatos á convocatoria dunha folga xeral. "É a resposta necesaria ante ao intenso retroceso das condicións de vida que padece a clase traballadora", di a central nacionalista.
Miguel Díaz-Canel será o novo presidente de Cuba en substitución de Raúl Castro, que deixa o cargo tras dous mandatos.
A CIG recolle 12.000 sinaturas na súa campaña a prol de "medidas urxentes" para a "recuperación de dereitos" laborais do profesorado do ensino público. O sindicato solicita unha xuntanza co conselleiro Román Rodríguez para lle expoñer estas reivindicacións.
ETA anunciará a súa disolución na primeira fin de semana de maio. Será nun acto público no Iparralde, segundo avanza a ETB.
#Folga19A O estudantado galego está chamado este xoves á folga contra a LOMCE e a prol de maior peso da igualdade de xénero no ensino. O máis destacado das mobilizacións, hoxe en Praza.
O PSOE ofrece a Manuela Carmena ser a súa candidata á alcaldía de Madrid nas vindeiras municipais, segundo adianta El País.