A UE non cumpre nin co envío de mantas e chuvasqueiros para refuxiados. Europa tan só enviou unha parte do material solicitado.
Fálase
Pedro Sánchez destaca en rolda de prensa que buscará apoios "a dereita e esquerda" na procura dun cambio "progresista e reformista". Albert Rivera ofrece "vía aberta" ao PSOE e "man tendida" ao PP. Pablo Iglesias reitéralle a Sánchez a oferta de pacto de esquerdas.
O Rei encárgalle a Pedro Sánchez que tente formar Goberno, sen repetir o encargo feito a Mariano Rajoy A decisión do monarca foi comunicada por Patxi López, presidente do Congreso. López anticipa que Sánchez necesitará "tres semanas ou un mes" para levar a cabo negociacións sobre unha posible investidura.
Rajoy repite que "aínda" non ten "maioría" para formar goberno tras o segundo encontro co rei, que "non" llo ofreceu, e por iso opta por "esperar acontecementos". O presidente en funcións teima en reclamar a 'gran coalición' fronte ao "radicalismo".
O BNG esixe a dimisión dun edil do PP en Moraña por chamarlle "mala zorra" á presidenta da Deputación. Recólleo Pontevedra Viva
O PSOE di estar disposto a entrar no goberno da Coruña tras suspender as negociacións para o orzamento.
Dez grandes cadeas comerciais, entre elas Inditex, comprometen o uso do euskera nas súas comunicacións. Fanno a través dun convenio co Goberno vasco do que informa a ETB
Pedro Sánchez comunícalle ao rei que está disposto a procurar formar Goberno.
Este martes preséntase en Compostela (Pazo de San Roque, 19 horas) o libro Ramón Lugrís. Sempre en Galicia, sempre en Europa, editado polo IGADI, que serve como homenaxe ao galeguista, finado en decembro, que fixo bandeira do seu europeísmo.
O paro rexistrado sobe en 7.639 persoas en Galicia, a terceira comunidade onde máis medra en xaneiro. O número de afiliados á Seguridade Social descende en máis de 15.000 persoas. Máis información, esta mañá en Praza.