#onosoderbi Balaídos rexistrará un cheo para o encontro entre Celta e Deportivo do vindeiro domingo. O equipo vigués colga o cartel de "non hai billetes" por primeira vez desde 1999, cando a visita do Benfica na Copa da UEFA deixou pequeno o estadio olívico.
Fálase
#pspb5 O Portal do Software Público do Brasil, a maior iniciativa gobernamental en favor do software público, cumpre cinco anos. Celébrao este xoves cun acto que se poderá seguir en directo na súa páxina.
Iníciase un movemento de insubmisión fiscal en Catalunya. Un grupo de empresarios e autónomos ingresaron o IVE do primeiro trimestre na Agència Tributària de Catalunya
O 15-M denuncia que o Goberno recorra á "estratexia do medo". Unha reportaxe de Público.
Pais de alumnos do Bierzo denuncian a eliminación da posibilidade de estudar galego do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada. O colectivo Fala Ceibe denuncia que o ano pasado sucedeu o mesmo nun centro de Vilafranca, polo que advirte de que estamos ante un proceso de erradicación do gallego da oferta educativa da Junta de Castilla y León. O colectivo calcula que ao redor de mil rapaces e rapazas estudan galego no Bierzo.
Entra en vigor o cesamento do fogo en Siria e polo momento a situación permanece en calma.
A actuación de Leo Bassi este xoves en Compostela poderá seguirse en directo a través da páxina do Festiclown a partir das 10.30 da mañá.
Creatividade para evitar as gravacións e cargas da policía nas manifestacións: reflectantes e cubos inflables. Creados pola iniciativa artístico-activista Como acabar con el mal
Audi compón o son do motor dos seus coches eléctricos. Estes vehículos, que non fan apenas ruído, poderían ser un perigo na rúa se non se lles incorpora un son ao seu motor. En Microsiervos.
O FMI insta a baixar as pensións de xubilación ante "o risco de que a xente viva máis do agardado". En El País.