O temporal deixa unha noite inzada de incidencias en Galicia. Entre as principais, avarías na rede ferroviaria que impediron circular o Alvia Santiago-Madrid e suspensións de trens no eixo atlántico pola caída dunha árbore nas vías en Ordes, así como estragos nas cubertas do estadio de Riazor, na Coruña. Case todo o litoral está hoxe en alerta vermella e en terra o aviso é laranxa. En 4gotas.com explican os detalles deste temporal.
Fálase
Abanca repartirá 315,4 millóns como dividendo. O pagamento deriva dos beneficios obtidos pola entidade durante o 2016
O Congreso inicia a tramitación da iniciativa popular a prol dunha renda mínima cos votos en contra de PP e Ciudadanos
O 112 rexistrou dende a medianoite e ata a unha da tarde 266 incidencias polo temporal, coa Coruña, Pontevedra, Vilalba e Ribadavia como concellos máis afectados. As incidencias "máis destacadas" foron caídas de árbores e pólas, valos publicitarios, cables de luz e pedras, sí como anegamentos en rúas, garaxes e vivendas, informa nun comunicado. A maior parte do litoral está hoxe en alerta vermella, tal e como detalla Meteogalicia.
O paro rexistrado sobe en 6.164 persoas en Galicia durante o mes de xaneiro, un 3% respecto a decembro, e baixa un 10,31% con relación a hai un ano (-24.369 inscricións). Máis información, esta mañá en Praza.
Galicia sufrirá forte vento, chuvia e grandes ondas neste xoves. A pleamar das 20 horas será o peor momento para a costa, xa que a auga podería subir ao litoral. Cóntao 4gotas.
Os fogares galegos pagarán case 6 millóns máis no recibo de xaneiro polo "tarifazo" eléctrico. A factura será 11,6 euros máis cara de media cá de decembro.
Falece o ex-ministro socialista José Antonio Alonso. O político e xuíz leonés fora ministro de Interior e de Defensa con Rodríguez Zapatero.
Iglesias e Errejón disputarán o control de Podemos logo de non acordar unha lista única. Vicenç Navarro incorpórase á candidatura do secretario xeral mentres a galega Bescansa rexeita repetir na dirección.
Unha carta da cúpula militar sobre o Yak-42 asegura que Trillo era quen autorizaba os voos. Unha misiva dun alto mando do Estado Maior Conxunto da Defenso ao xefe do Estado Maior da Armada revela novos detalles sobre como se contratou o avión accidentado.