Galicia sufrirá forte vento, chuvia e grandes ondas neste xoves. A pleamar das 20 horas será o peor momento para a costa, xa que a auga podería subir ao litoral. Cóntao 4gotas.
Fálase
Os fogares galegos pagarán case 6 millóns máis no recibo de xaneiro polo "tarifazo" eléctrico. A factura será 11,6 euros máis cara de media cá de decembro.
Falece o ex-ministro socialista José Antonio Alonso. O político e xuíz leonés fora ministro de Interior e de Defensa con Rodríguez Zapatero.
Iglesias e Errejón disputarán o control de Podemos logo de non acordar unha lista única. Vicenç Navarro incorpórase á candidatura do secretario xeral mentres a galega Bescansa rexeita repetir na dirección.
Unha carta da cúpula militar sobre o Yak-42 asegura que Trillo era quen autorizaba os voos. Unha misiva dun alto mando do Estado Maior Conxunto da Defenso ao xefe do Estado Maior da Armada revela novos detalles sobre como se contratou o avión accidentado.
Carolina Bescansa anuncia que non continuará na dirección de Podemos. Nunha carta aberta á militancia do partido sinala que dá un "pasó á marxe" e non se integrará en ningunha das listas que concorren tras non ser quen de "desactivar o enfrontamento" e "evitar o choque de trens" na organización.
Ferroatlántica vén de pechar un acordo "definitivo" para vender por 153 millóns de euros as seis centrais hidroeléctricas que explota en Cee e Dumbría, a pesar de que esa operación está expresamente prohibida polas concesións administrativas que a Xunta lle concedeu ao grupo Villar Mir e que só poderá levarse a cabo se o Goberno galego lle dá unha autorización que a empresa supostamente nin siquera tramitou.
Un xulgado de Santiago investiga se houbo prevaricación nun concurso de ambulancias do 061 de máis de 120 millóns de euros. Revélao a axencia Europa Press na súa web
O primeiro temporal do ano aproxímase xa a Galicia. A alerta é amarela para este mércores e vermella en boa parte do litoral galego para o xoves. Meteogalicia ofrece os detalles neste informe.
CIG-Ensino e a Mesa veñen de pecharse na Secretaría Xeral de Política Lingüística. Exixen a inmediata derrogación do Decreto de Plurilingüismo para "rematar coa marxinación do galego coa aplicación da Lomce" e reclaman ser recibidos por Valentín García.