Un xulgado de Santiago investiga se houbo prevaricación nun concurso de ambulancias do 061 de máis de 120 millóns de euros. Revélao a axencia Europa Press na súa web
Fálase
O primeiro temporal do ano aproxímase xa a Galicia. A alerta é amarela para este mércores e vermella en boa parte do litoral galego para o xoves. Meteogalicia ofrece os detalles neste informe.
CIG-Ensino e a Mesa veñen de pecharse na Secretaría Xeral de Política Lingüística. Exixen a inmediata derrogación do Decreto de Plurilingüismo para "rematar coa marxinación do galego coa aplicación da Lomce" e reclaman ser recibidos por Valentín García.
As bases da Marea Atlántica avalan un pacto sen vetos a Barcón se o PSOE se desculpa polo pacto "falso" que anunciaron o pasado xoves. O goberno local e os socialistas racharon o preacordo para os orzamentos a pasada semana e Ferreiro xa convocou o pleno para a cuestión de confianza para o sábado.
O Govern medita adiantar a maio o referendo en Catalunya. Advirte que o procés acelerarase se Rajoy insiste en xudicializar a resposta.
Lores proporá á Xunta que se seume á plan de compostaxe local. "A situación de Sogama é inasumible", advirte o alcalde de Pontevedra, que manterá unha xuntanza con Feijóo.
Trump prepara o sistema para comezar a deportar inmigrantes. Dous borradores de decretos que se están a estudar indican que o presidente pretende aumenta os postos de traballo reservados a persoas nadas nos EUA.
ÚLTIMA HORA | Feijóo fixa como nova data para a conclusión do AVE a Madrid o "terceiro trimestre de 2019" tras reunirse co ministro de Fomento. Toda a información, decontado en Praza.
Centos de persoas protestan arestora contra a violencia machista nas concentracións que se desenvolven nas sete cidades e mais no Carballiño como resposta ás últimas agresións. Na imaxe, a mobilización da Coruña.
Arsenio Fernández de Mesa recolócase como conselleiro de Red Eléctrica dous meses despois de deixar a dirección da Garda Civil. A empresa participada polo Estado nun 20% vén de comunicarllo á CNMV. De Mesa, delegado do Goberno central en Galicia durante a crise do Prestige, é un dirixente moi próximo a Rajoy e non ten experiencia no sector eléctrico.