O Govern medita adiantar a maio o referendo en Catalunya. Advirte que o procés acelerarase se Rajoy insiste en xudicializar a resposta.
Fálase
Lores proporá á Xunta que se seume á plan de compostaxe local. "A situación de Sogama é inasumible", advirte o alcalde de Pontevedra, que manterá unha xuntanza con Feijóo.
Trump prepara o sistema para comezar a deportar inmigrantes. Dous borradores de decretos que se están a estudar indican que o presidente pretende aumenta os postos de traballo reservados a persoas nadas nos EUA.
ÚLTIMA HORA | Feijóo fixa como nova data para a conclusión do AVE a Madrid o "terceiro trimestre de 2019" tras reunirse co ministro de Fomento. Toda a información, decontado en Praza.
Centos de persoas protestan arestora contra a violencia machista nas concentracións que se desenvolven nas sete cidades e mais no Carballiño como resposta ás últimas agresións. Na imaxe, a mobilización da Coruña.
Arsenio Fernández de Mesa recolócase como conselleiro de Red Eléctrica dous meses despois de deixar a dirección da Garda Civil. A empresa participada polo Estado nun 20% vén de comunicarllo á CNMV. De Mesa, delegado do Goberno central en Galicia durante a crise do Prestige, é un dirixente moi próximo a Rajoy e non ten experiencia no sector eléctrico.
Rajoy e Caballero eloxian a Rita Barberá na homenaxe tributada á falecida ex-alcaldesa de Valencia na FEMP. "Foi boa persoa, decente e xenerosa", dixo o presidente do Goberno de España. Segundo Rajoy, a homenaxe tamén é "para todos os concelleiros e para tantos aos que o terrorismo arrebatou a vida".
Belém Tajes, nova cantante de Luar na Lubre. A tamén compositora porá voz á formación na xira do seu trixésimo aniversario, que se desenvolverá pola Península Ibérica e mais en México. Alén da xira, o grupo celebra este fito na súa traxectoria cun disco duplo de 30 temas que recompila pezas de toda a súa historia xunto a "tesouros non habituais".
A dirección provincial do PSdeG rexeita a xestora do PSOE local coruñés por ter maioría de afíns a Mar Barcón. Amosa a súa "disconformidade absoluta" coa selección feita por Ferraz.
Os altos cargos das administracións aumentan un 57% mentres o cadro de persoal cae un 11% desde 2010. O sector público recortou 23.700 empregos en Galicia nos últimos seis anos, mentres as prazas directivas aumentaron en 1.200.