Ferroatlántica vén de pechar un acordo "definitivo" para vender por 153 millóns de euros as seis centrais hidroeléctricas que explota en Cee e Dumbría, a pesar de que esa operación está expresamente prohibida polas concesións administrativas que a Xunta lle concedeu ao grupo Villar Mir e que só poderá levarse a cabo se o Goberno galego lle dá unha autorización que a empresa supostamente nin siquera tramitou.
