O Comité Interempresas da CRTVG convoca unha concentración diante do Parlamento "contra a represión dos traballadores". Será mañá venres ás dez da mañá
Fálase
PSdeG e BNG censuraron hoxe de novo as medidas da Xunta "contra a lingua galega". Durante a comparecencia no Parlamento do secretario xeral de Política Lingüística o socialista Francisco Cerviño lamentou que o Goberno poña en risco o idioma por "contentar unha pandilla de pijos", "quedar ben diante da extrema dereita mediática" e "un puñado de votos". Dende o BNG, Bieito Lobeira reprochou que os altos cargos da Xunta "incumpran" o acordo de utilizar o galego en público e protagonicen un "trienio negro" para o idioma.
Amores Prohibidos achégase ao desenlace, que terá lugar mañá, e as cousas complícanse. Despois da pelexa de onte no instituto, Romero foi expulsado polo Consello Escolar e internado polos seus pais no Peleteiro de Santiago. Romero está incomunicado e non recibe as mensaxes de Xiana. A última novidade é que Xiana desapareceu, e os seus amigos están buscándoa.
Esta tarde celébrase en Vigo o funeral e enterro de Xaime Isla Couto, o derradeiro representante da Xeración Galaxia, que faleceu onte con 97 anos de idade. O enterro terá lugar a partir das cinco no Cemiterio Municipal Pereiró.
Este sábado Salvaterra acolle unha homenaxe a Zeca Afonso. Haberá unha mesa redonda, coa participación de Xico de Carinho, Suso Iglesias, que coñeceron ben a José Afonso, e de Alípio Nunes (concelleiro do PCP en Valença). A celebración pecharase cun concerto de Leo de Matamá e de De outra margem
O Consello de Informativos de TVE proclamouse gañador do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.
#consellodaxunta Preguntado por Novagalicia Banco, o presidente da Xunta lembra que "non ten ningunha competencia" sobre o sector bancario e gaba o labor "titánico" dos directivos da entidade para conseguir capitalizala
#consellodaxunta A Fundación Camilo José Cela intégrase no sector público galego. O presidente do seu padroado será o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, que terá vinte e un membros. Feijóo asegura que queda "blindada" cun "compromiso responsable".
#consellodaxunta A segunda fase do "plan de racionalización da Administración paralela" vai "reformular ou eliminar" 25 organismos públicos
A poxa dos bens de Jorge Dorribo, presunto líder da trama Campeón, conclúe en Lugo con escaso éxito. Tan só se vendeu un vehículo Mini Cooper e quedaron desertos o resto de propiedades, valoradas en 5 millóns de euros.