Esta tarde celébrase en Vigo o funeral e enterro de Xaime Isla Couto, o derradeiro representante da Xeración Galaxia, que faleceu onte con 97 anos de idade. O enterro terá lugar a partir das cinco no Cemiterio Municipal Pereiró.
Fálase
Este sábado Salvaterra acolle unha homenaxe a Zeca Afonso. Haberá unha mesa redonda, coa participación de Xico de Carinho, Suso Iglesias, que coñeceron ben a José Afonso, e de Alípio Nunes (concelleiro do PCP en Valença). A celebración pecharase cun concerto de Leo de Matamá e de De outra margem
O Consello de Informativos de TVE proclamouse gañador do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.
#consellodaxunta Preguntado por Novagalicia Banco, o presidente da Xunta lembra que "non ten ningunha competencia" sobre o sector bancario e gaba o labor "titánico" dos directivos da entidade para conseguir capitalizala
#consellodaxunta A Fundación Camilo José Cela intégrase no sector público galego. O presidente do seu padroado será o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, que terá vinte e un membros. Feijóo asegura que queda "blindada" cun "compromiso responsable".
#consellodaxunta A segunda fase do "plan de racionalización da Administración paralela" vai "reformular ou eliminar" 25 organismos públicos
A poxa dos bens de Jorge Dorribo, presunto líder da trama Campeón, conclúe en Lugo con escaso éxito. Tan só se vendeu un vehículo Mini Cooper e quedaron desertos o resto de propiedades, valoradas en 5 millóns de euros.
Banco Sabadell recoñece interese por Novagalicia Banco. O seu conselleiro delegado, Jaume Guardiola, asegura que lles gustaría "gañar cuota de mercado en Galicia" e que están pendentes do futuro da entidade galega.
Esnáfrase un avión militar no municipio madrileño de Alcalá de Henares. Cóntao La Información.
Na comisión de control de RTVE do Congreso dos Deputados o PP defende a súa reforma e acusa os servizos informativos do ente público de ser "sectarios" e "manipular"