Un conselleiro de NCG asegura que a Xunta tamén supervisou as prexubilacións millonarias. Miguel Argones, representante de Csica no consello de administración, aclara que non viu necesario consultar a documentación porque xa o fixeran o Goberno galego e o Banco de España.
Fálase
AGE organiza un "cortexo cívico" para acompañar os seus deputados e deputadas á sesión de constitución do Parlamento, mañá pola mañá.
#consellodaxunta O Consello fai efectivo o cesamento de Santiago Camba como secretario xeral de Emigración. O Goberno central nomeouno "conselleiro de Emprego e Seguridade Social" na Arxentina
O ex alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, renuncia á acta de concelleiro apenas tres semanas despois de que o seu sucesor tentase asignarlle un soldo malia non ter función ningunha. Gacio está imputado no caso Pokémon. En El País.
O PP ratifica que Pilar Rojo seguirá como presidenta do Parlamento na novena lexislatura autonómica, que comeza mañá.
O Consello de Estado "dubida" da constitucionalidade do euro por receita. Considera que a taxa implantada en Catalunya e Madrid non se axusta á Carga Magna.
Mangouras asegura que "fondear o Prestige era a mellor opción, mellor que levalo a alta mar" durante o xuízo que se celebra na Coruña.
Miguel Santalices (na imaxe) e José Manuel Balseiro recuncarán como vicepresidente primeiro e secretario da Mesa do Parlamento, segundo decidiu onte o PP. Previsiblemente, esta tarde os conservadores ratificarán no seu comité de dirección que Pilar Rojo repetirá como presidenta da institución.
A economía galega cae tres décimas no terceiro trimestre. A contracción anual xa é do 1,2%, segundo os datos do IGE.
Esta mañá celébrase o derradeiro acto parlamentario da oitava lexislatura autonómica. A Mesa da Deputación Permanente culminará os trámites para o inicio do novo mandato, que bota a andar mañá coa constitución do novo Parlamento.