A economía galega cae tres décimas no terceiro trimestre. A contracción anual xa é do 1,2%, segundo os datos do IGE.
Fálase
Esta mañá celébrase o derradeiro acto parlamentario da oitava lexislatura autonómica. A Mesa da Deputación Permanente culminará os trámites para o inicio do novo mandato, que bota a andar mañá coa constitución do novo Parlamento.
Un vídeo amosa a magnitude da manifestación do 14N na Coruña. A peza, elaborada por estudantes da Escola de Imaxe e Son da Coruña, inclúe máis de 10.000 fotos e imaxes panorámicas da marcha. #TL14N
A prensa galega, pola súa banda, salienta as impresionantes manifestacións que se produciron no noso pais: "Los recortes desatan la mayor protesta de la década en A Coruña" (La Opinión). Ainda que La Voz, El Progreso ou La Región destacan que a folga se notou máis nas marchas que no propio paro: "Más movilización en la calle que huelga general" (La Región)
División ideolóxica nas portadas. A prensa impresa conservadora afirman que a folga "fracasou": De fracaso en fracaso (El Mundo), España prefiere trabajar (ABC), Huelga limitada (La Vanguardia), Fracasados (La Razón) ou Balance del 14-N: La izquierda sólo logra movilizarse a si misma (La Gaceta). Mentres, El Pais titula que "Cientos de miles de personas exigen en la calle a Rajoy que rectifique" e El Periódico abre a dobre páxinca cun "Muy general".
Están sendo moi criticada na rede a estimación de participación na manifestación de Madrid realizada pola Delegación do Goberno: 35.000 persoas. Menos, por exemplo, que o número de manifestantes que segundo a policia local houbo en Ferrol: 45.000
"Se o Goberno se axeonlla ante estas políticas de recorte, o pobo permanecerá en pé", di Cándido Méndez no peche da manifestación de Madrid e salienta que "cumprimos sobradamente os obxectivos". Pola súa banda, Ignacio Fernández Toxo afirma que "a mobilización continuará"
O alcalde da Coruña recoñece en Twitter que recibiu "moitas mensaxes" polo mantemento do alumeado público aceso durante a xornada de folga e pide "desculpas polas molestias". Asegura que se debeu a "comprobacións e reparacións".
Centos de milleiros de persoas maniféstanse en Madrid, ainda sen cifras oficiais. En Barcelona os organizadores falan dun millón de persoas na marcha principal e a policia urbana rebaixa esta cifra até as 110.000.
Comeza a manifestación en Madrid baixo o lema Déixannos sen futuro. Hai culpables. Hai solucións