Comeza a manifestación en Madrid baixo o lema Déixannos sen futuro. Hai culpables. Hai solucións

Comeza a manifestación en Madrid baixo o lema Déixannos sen futuro. Hai culpables. Hai solucións
En Portugal a folga foi xeral na industria e nos transportes. "Fizemos uma grande greve geral", di Arménio Carlos (CGTP) nunha intervención diante do Parlamento, e anuncia que lle vai entregar a Cavaco Silva unha lista de medidas previstas nos Orzamentos do Estado para 2013 que considera inconstitucionais
A concelleira de Familia do Concello de Santiago vén de sinalar no seu Twitter que se sente "secuestrada" nun establecemento do grupo Inditex no centro da capital de Galicia, pechado pola presenza de piquetes informativos
ElDiario publica unha galeria con imaxes de farolas acesas en pleno dia durante este 14N. Moitos concellos gobernados polo PP quixeron desta forma manipular os datos de consumo eléctrico, que se empregan como indicador do éxito da folga.
Axentes de policia infiltrados nunha manifestación en Barcelona son descubertos e foxen do lugar.
A caida da demanda eléctrica rolda o 11% con respecto ao previsto por Red Eléctrica, inferior ao 29M de 2012 (15,2%) e ao 29S de 2010 (13,5%). Mentres, o consumo de electricidade imputable á actividade produtiva cae un 60%, tamén por debaixo dos datos das dúas últimas convocatorias: 87,7% e 68,4%, respectivamente.
O secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, denuncia que dous policías se infiltraron nun piquete utilizando autocolantes do sindicato. Na web de Europa Press.
O seguimento da #FolgaXeral na CRTVG elévase ao 68%, segundo datos oficiais da compañía que avanza o xornalista da Radio Galega Kiko Novoa
Remata a manifestación en Compostela. Foi preciso repetir as intervención finais debido á gran afluencia de xente na Praza da Quintana.
UGT, CCOO e CIG cifran en medio millón de persoas os participantes nas manifestacións que nestes momentos están rematando nas cidades e vilas galegas e elevan a 180.000 as persoas que saíron as rúas de Vigo. Falan de “día histórico” e dun seguimento do 90% en Galicia. Os tres sindicatos advirten que este 14N terá "continuidade cunha mobilización sostida no tempo porque, do contrario, teremos máis problemas e unha maior deterioración social".