#consellodaxunta O Consello fai efectivo o cesamento de Santiago Camba como secretario xeral de Emigración. O Goberno central nomeouno "conselleiro de Emprego e Seguridade Social" na Arxentina
Fálase
O ex alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, renuncia á acta de concelleiro apenas tres semanas despois de que o seu sucesor tentase asignarlle un soldo malia non ter función ningunha. Gacio está imputado no caso Pokémon. En El País.
O PP ratifica que Pilar Rojo seguirá como presidenta do Parlamento na novena lexislatura autonómica, que comeza mañá.
O Consello de Estado "dubida" da constitucionalidade do euro por receita. Considera que a taxa implantada en Catalunya e Madrid non se axusta á Carga Magna.
Mangouras asegura que "fondear o Prestige era a mellor opción, mellor que levalo a alta mar" durante o xuízo que se celebra na Coruña.
Miguel Santalices (na imaxe) e José Manuel Balseiro recuncarán como vicepresidente primeiro e secretario da Mesa do Parlamento, segundo decidiu onte o PP. Previsiblemente, esta tarde os conservadores ratificarán no seu comité de dirección que Pilar Rojo repetirá como presidenta da institución.
A economía galega cae tres décimas no terceiro trimestre. A contracción anual xa é do 1,2%, segundo os datos do IGE.
Esta mañá celébrase o derradeiro acto parlamentario da oitava lexislatura autonómica. A Mesa da Deputación Permanente culminará os trámites para o inicio do novo mandato, que bota a andar mañá coa constitución do novo Parlamento.
Un vídeo amosa a magnitude da manifestación do 14N na Coruña. A peza, elaborada por estudantes da Escola de Imaxe e Son da Coruña, inclúe máis de 10.000 fotos e imaxes panorámicas da marcha. #TL14N
A prensa galega, pola súa banda, salienta as impresionantes manifestacións que se produciron no noso pais: "Los recortes desatan la mayor protesta de la década en A Coruña" (La Opinión). Ainda que La Voz, El Progreso ou La Región destacan que a folga se notou máis nas marchas que no propio paro: "Más movilización en la calle que huelga general" (La Región)