Estudantes reciben a Feijóo con protestas á chegada ao seu mitin en Pontevedra. Imaxe de @RicardRguez

Estudantes reciben a Feijóo con protestas á chegada ao seu mitin en Pontevedra. Imaxe de @RicardRguez
O bispo de Donostia considera unha “emerxencia educativa” o ateísmo xuvenil e cre necesario "espirito misioneiro" para "evanxelizar" a secularizada España
Rajoy evitará que a petición de rescate se produza no cumio europeo que comeza este xoves. O presidente do Goberno tentará gañar tiempo para non activar a petición antes das eleccións galegas, pero pechará os últimos detalles para para acceder aos emprétito europeo nas vindeiras semanas.
A axencia de cualificación Standard&Poor's rebaixa a nota da débeda de Galicia. En El País.
O colectivo Sei o que nos figestes... lanza unha parodia do vídeo musical da campaña do PP e anima a votar a forzas políticas que non sexan os populares
ADEGA recorre o auto de sobresemento da denuncia penal contra o alcalde de Barreiros e arquitecta municipal por concesión ilegal de licencias de obra. Advírtelle ao Concello de Barreiros e á Xunta que poñerá "todo o seu esforzo e empeño en que estas actuacións non queden impunes".
CCOO e UGT convocarán folga xeral para o 14 de novembro. Ratificarán este venres a convocatoria para a data na que tamén haberá un paro en Grecia e Portugal. Cóntao El Diario. A CIG xa advertira que se uniría.
O contratos de Pemex con estaleiros galegos son unha promesa política de hai cinco anos. Así o asegura en México o diario Contralínea nunha ampla reportaxe na que afirma que o presidente Calderón leva a cabo así un compromiso feito polo falecido Juan Camilo Mouriño a empresas galegas. A información dá detalles sobre os polémicos acordos entre a Xunta e a petroleira estatal mexicana.
A Audiencia Nacional imponlle a Gorriarán comparecencias cada quince días. Foi despois de que a Fiscalía Anticorrupción pedise a retirada do pasaporte do ex directivo de Novagalicia Banco.
Esperanza Aguirre asegura en Vigo que "os nenos deben saber que España ten 3.000 anos de historia". O presidente da Xunta e candidato á reelección atribuíralle 500 anos. En El Diario.