#SOSFragasdoEume Desactívase a alerta nivel 1 nas Fragas do Eume, o que implica que o lume xa non ameaza as vivendas
Fálase
Alba Nogueira e Francisco Cerviño, novos académicos correspondentes da Real Academia Galega (RAG)
#SOSFragasdoEume O PP dá conta dunha xuntanza de Feijóo co ministro do Interior. A Xunta non a anunciara.
O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, visitou xunto con Rosa Quintana o posto de mando da Unidad Militar de Emergencias, que ten 300 efectivos desprazados en Monfero (foto: @raulsalgado)
Á saída da xuntanza cos alcaldes da zona, Agustín Hernández realizou declaracións para os medios e incrementou a 1000 as hectáreas queimadas polo lume (foto: rizlinha)
A concentración convocada polo Concello de Monfero, e na que participaron Rosa Quintana ou Samuel Juárez, reuniu un par de ducias de veciños, entre eles os concelleiros do equipo de goberno (foto: rizlinha)
#SOSFragasdoEume CCOO denuncia "imprevisión, improvisación, irresponsabilidade e incompetencia" de Medio Rural na xestión da loita contra incendios e lamenta a "voracidade" da Xunta nos recortes nos servizos de defensa contra os lumes.
Novagalicia confía en dar entrada a ata cinco fondos internacionais cun concurso público. O presidente da entidade, José María Castellano, asegura que tanto o Banco de España como o FROB "entenderon" o plan do banco, que segue a dar "a batalla" para convencelos.
#SOSFragasdoEume Un novo comunicado de Medio Rural contradí ao conselleiro de Medio Ambiente. Desde Monfero, Hernández fala de 1.000 hectáreas queimadas. O departamento de Rosa Quintana mantén que son 750. Podedes lelo aquí.
Rajoy estende a loita contra a fraude fiscal á Seguridade Social e ás pretacións por desemprego. Así o anunciou ante o Comité Executivo Nacional do PP, onde asumiu tamén que hai cousas dos Presupostos que non lle gustan ao Goberno pero que non había outra alternativa.