60 manifestacións dixeron 'non' en Catalunya á reforma educativa do ministro Wert. As marchas foron convocadas por Somescola
Fálase
Investigan os saúdos fascistas realizados durante un acto deportivo dun colexio de Valencia ao soar o himno español. En El País.
Vítimas do franquismo denuncian a España ante a Comisión Europea. Piden que busque aos 113.000 desaparecidos pola represión do franquismo. Cóntao El País.
Tres ex directivos de Novacaixagalicia depositan as fianzas impostas polo xuíz. Entre Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada depositaron uns 2,5 millóns de euros.
Os sindicatos de Iberia desconvocan a folga malia a falta de acordo coa empresa. Aseguran que suspenden o paro previsto para varios días do Nadal e que o fan "pensando nos usuarios".
Iñigo Sáenz de Ugarte analiza a situación política e económica creada en Italia despois do anuncio da inminente dimisión de Mario Monti e o regreso de Silvio Berlusconi. A cotización de tres bancos, incluido Monte Paschi, tivo que ser suspendida de forma temporal tras sufrir descensos do 5%
Twitter rastrea as webs que cada usuario visita e que contan cun botón de Compartir, segundo revelou unha das súas directivas hai uns dias. Este sistema tamén é empregado por Facebook, YouTube ou Linkedin.
O Goberno central publica hoxe no BOE o memorando -condicións- do rescate bancario. Hai seis meses que o gabinete de Rajoy aceptou a intervención financeira das autoridades europeas.
O deputado do PP Santiago Cervera renuncia á súa acta de deputado tras saltar á luz a súa presunta implicación nun caso de chantaxe ao presidente de Caja Navarra. En El Diario
Os aeroportos galegos seguen en caída libre e en novembro perden pasaxeiros nun 20,1% (Vigo), nun 18,6% (Santiago) e nun 4,5% (A Coruña). Como vén informando Praza Pública, este ano nin sequera o verán logrou inverter os malos datos.