O Goberno central publica hoxe no BOE o memorando -condicións- do rescate bancario. Hai seis meses que o gabinete de Rajoy aceptou a intervención financeira das autoridades europeas.
Fálase
O deputado do PP Santiago Cervera renuncia á súa acta de deputado tras saltar á luz a súa presunta implicación nun caso de chantaxe ao presidente de Caja Navarra. En El Diario
Os aeroportos galegos seguen en caída libre e en novembro perden pasaxeiros nun 20,1% (Vigo), nun 18,6% (Santiago) e nun 4,5% (A Coruña). Como vén informando Praza Pública, este ano nin sequera o verán logrou inverter os malos datos.
Hoxe comezan en Catalunya as mobilizacións contra a reforma educativa e en defensa do ensino en catalán. En Galicia as protestas inícianse o vindeiro mércores, cunha concentración "con sorpresa" ante a sede da Xunta convocada por Queremos Galego.
O anuncio da dimisión de Monti eleva a prima de risco en España e Italia. O diferencial supera os 435 puntos en España e os 350 no país transalpino.
Os sindicatos de Novagalicia rexeitan negociar co banco. Non acudirán este luns á reunión convocada pola dirección tras non ser recibidos antes polo FROB, pero si teñen convocadas protestas.
Detido o deputado do PP Santiago Cervera, implicado nun presunto caso de chantaxe.
O deputado do PP no Congreso Santiago Cervera foi detido onte e posteriormente posto en liberdade pola súa presunta implicación nun caso de chantaxe ao presidente de Caja Navarra. Cóntao Diario de Navarra. Cervera ofrece no seu blog a súa versión do sucedido.
O Goberno prevé que o PIB caia un 1,3% ou 1,4% neste ano, fronte ao 1,5% calculado inicialmente. De Guindos asegura que este cuarto trimestre vai ser "o máis duro e complexo" da crise nunha entrevista en RNE.
O rescate bancario e as comunidades autónomas subirán a débeda por riba do 100% do PIB no primeiro semestre de 2013. Así o aseguran varios expertos en El Economista.