Os sindicatos de Novagalicia rexeitan negociar co banco. Non acudirán este luns á reunión convocada pola dirección tras non ser recibidos antes polo FROB, pero si teñen convocadas protestas.
Fálase
Detido o deputado do PP Santiago Cervera, implicado nun presunto caso de chantaxe.
O deputado do PP no Congreso Santiago Cervera foi detido onte e posteriormente posto en liberdade pola súa presunta implicación nun caso de chantaxe ao presidente de Caja Navarra. Cóntao Diario de Navarra. Cervera ofrece no seu blog a súa versión do sucedido.
O Goberno prevé que o PIB caia un 1,3% ou 1,4% neste ano, fronte ao 1,5% calculado inicialmente. De Guindos asegura que este cuarto trimestre vai ser "o máis duro e complexo" da crise nunha entrevista en RNE.
O rescate bancario e as comunidades autónomas subirán a débeda por riba do 100% do PIB no primeiro semestre de 2013. Así o aseguran varios expertos en El Economista.
A policia acaba de desaloxar os afectados polas subordinadas que dende a semana pasada estaban ocupando unha oficina de NGB en Gondomar
Hoxe tamén comezan en Compostela as Aulas na Rúa organizadas pola Asemblea Aberta de CC. da Educación e Psicoloxía. Terán lugar luns, martes e mércores ás 17.30 horas na praza do Toural. Hoxe Pablo Meira falará do cambio climático en Entendendo a Miss Sandy.
Este luns ás 12 as reitoras e reitores das universidades públicas españolas darán a coñecer un texto conxunto para comunicarlle á sociedade a "preocupación" das universidades polos recortes nos Orzamentos do Estado en materia de Educación Superior e I+D+i. Os reitores da Coruña, Vigo e Santiago convocaron roldas de prensa para explicar o documento.
O SPD elixe Peer Steinbrück para encabezar as listas socialdemócratas nas eleccións de 2013. Steinbrück enfrontarase a Merkel e comprométese a non pactar coa CDU.
A crise política en Italia dispara a prima de risco de España e Italia. Ambas as dúas soben entre 15 e 20 puntos dende o venres.