#ElectionDay Donald Trump está a piques de gañar as eleccións estadounidenses
Fálase
A partir das dúas da mañá (oito da tarde na costa leste dos EE.UU.) teremos datos significativos sobre o resultado das eleccións presidenciais norteamericanas, pois se comezará a coñecer o gañador en boa parte dos swing states, cun resultado aínda incerto. Ao longo da xornada electoral Slate e Vice News están xa ofrecendo proxeccións en tempo real sobre as votacións nos estados decisivos
A artista Sés saca o seu novo disco o vindeiro 2 de decembro e publica hoxe un vídeoclip do seu primeiro single. O álbum, Opoñerse á extinción, será presentado en directo na Coruña o 29 de decembro.
Núñez Feijoo remata como comezou, pedíndolles "colaboración" aos grupos da oposición e "respecto" ao Parlamento e "a todos os galegos" e critica a falta de apoio recibido na pasada lexislatura. E pecha a súa intervención repetindo que se sente "militante de Galicia"
Feijoo pide o apoio das forzas da oposición para que Galicia teña unha "posición unánime" no debate sobre a reforma do financiamento autonómico, que pide desligar de reivindicacións identitarias. O candidato pide converter España "nunha auténtica comunidade de autonomías" e propón que a Conferencia de Presidentes Autonómicos se convoque de forma habitual e non como algo simbólico
O candidato popular promete que os traballadores e traballadoras públicas recuperarán ao longo desta lexislatura "o nivel salarial perdido durante a crise"
O candidato popular promete que no ano 2020 as rías galegas estarán "totalmente saneadas", a declaración da Ribeira Sacra como "Reserva da Biosfera" e avanzar no obxectivo de que "as necesidades enerxéticas do futuro sexan cubertas integramente con enerxías renovables", aínda que sen concretar medidas nin instrumentos para conseguilo
No capítulo de infraestruturas, promete rematar nesta lexislatura a Autovía do Morrazo, a conexión da Vía Ártabra coa AP9 e a autovía Santiago-A Estrada. Ademais, anuncia a reforma da Lei de Ordenación do Territorio.
Feijoo anuncia "impostos cero" para os mozos e mozas, familias numerosas e persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun concello de menos de 20.000 habitantes
O candidato popular debuxa un escenario moi optimista sobre a situación do sector primario, tanto no sector forestal, no vitivinícola, no marisqueiro e mesmo no leiteiro, salientando a fusión das cooperativas ou o proxecto de planta transformadora de Curtis.