Disque Jordi Évole, do programa 'Salvados', de laSexta, anda esta mañá pola Cidade da Cultura
Fálase
O presidente d'A Mesa, Carlos Callón, recupera no seu blog unha imaxe da toma de posesión de Ánxel Casal como alcalde de Santiago, que hai hoxe 76 anos es converteu no primeiro rexedor en utilizar a lingua galega nun acto oficial. Hoxe, a asociación en defensa da lingua lembrouno e instou ao actual xefe da corporación municipal, Gerardo Conde Roa, a empregar o galego no exercicio do cargo.
A Unión Europea vén de facer público o seu calendario de previsión económicas. Prevé que a recesión da economía española chegue ao -1% do PIB a finais de ano, cinco décimas mellor da estimación do Banco de España. Severa recesión en Portugal (-3.3%).
Fundación Estudios y Análisis (FESAN), organización que a CIG vincula ao Opus Dei, resultou adxudicataria para a impartición de cursos de formación pagados pola Xunta de Galicia para as "especialidades da familia de informática e comunicacións". Fesan cobrou 219.399,17 euros (sen IVE) neste primeiro contrato. Pero fixo máis. Polo curso de "especialidades da familia de servizos socioculturais e á comunidade" cobrou 197.656,87 euros das arcas públicas.
Isabel Preysler e Alberto Núñez Feijóo asisten a 'clases de divorcio'. Un curioso titular en Vanitatis, portal especialidado en información 'rosa'
Galicia e La Rioja renuncian a ter representación propia no exterior á marxe do Estado. O ministro de Exteriores, José Manuel García-Margallo, anunciou que ambos gobernos autonómicos aceptaron integrar as súas oficinas no exterior nas embaixadas españolas.
A constitución de hipotecas en Galicia experimentou unha nova caída durante o ano 2011, segundo os datos difundidos polo INE. Rexistráronse un 32,6% menos de contratos hipotecarios, cun capital medio de 101.659 euros. No mes de decembro, e en comparación interanual, os datos foron aínda máis negativos. A caída foi de case o 45% e o capital medio prestado pola banca foi duns 85.000 euros, un valor que só foi inferior en Canarias e Ceuta.
O tradutor de Google confunde a Manuel Fraga con Abraham Lincoln. Se escribes 'Manuel Fraga' no tradutor de galego a calquera outra lingua, este é o resultado
A factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën comezará a fabricar o mes que vén novos modelos de coches económicos. Iso converterá a fábrica, instalada en Balaídos, na primeira multiplataforma do grupo galo. Cóntao Faro de Vigo