Bárcenas volve declarar no xulgado, nesta ocasión sobre o borrado dos seus discos duros na sede do PP
Fálase
Piden a dimisión dun edil de Moraña por insultos sexistas a Carmela Silva. O concelleiro do PP encárgase da área de Igualdade e chamou "mala zorra e sinvergüenza" á presidenta da Deputación de Pontevedra nunha rede social.
A UE non cumpre nin co envío de mantas e chuvasqueiros para refuxiados. Europa tan só enviou unha parte do material solicitado.
Pedro Sánchez destaca en rolda de prensa que buscará apoios "a dereita e esquerda" na procura dun cambio "progresista e reformista". Albert Rivera ofrece "vía aberta" ao PSOE e "man tendida" ao PP. Pablo Iglesias reitéralle a Sánchez a oferta de pacto de esquerdas.
O Rei encárgalle a Pedro Sánchez que tente formar Goberno, sen repetir o encargo feito a Mariano Rajoy A decisión do monarca foi comunicada por Patxi López, presidente do Congreso. López anticipa que Sánchez necesitará "tres semanas ou un mes" para levar a cabo negociacións sobre unha posible investidura.
Rajoy repite que "aínda" non ten "maioría" para formar goberno tras o segundo encontro co rei, que "non" llo ofreceu, e por iso opta por "esperar acontecementos". O presidente en funcións teima en reclamar a 'gran coalición' fronte ao "radicalismo".
O BNG esixe a dimisión dun edil do PP en Moraña por chamarlle "mala zorra" á presidenta da Deputación. Recólleo Pontevedra Viva
O PSOE di estar disposto a entrar no goberno da Coruña tras suspender as negociacións para o orzamento.
Dez grandes cadeas comerciais, entre elas Inditex, comprometen o uso do euskera nas súas comunicacións. Fanno a través dun convenio co Goberno vasco do que informa a ETB
Pedro Sánchez comunícalle ao rei que está disposto a procurar formar Goberno.