A Asociación Americana de Psiquiatría, responsable da elaboración do DSM, o catálogo de enfermidades mentais máis utilizado do mundo, deixa de considerar a transexualidade como trastorno da identidade sexual pero substitúeo pola diagnose de disforia de xénero, polo que mantén unha certa patoloxización.
Fálase
A UE pediralles aos Estados membros que ofrezan por lei unha alternativa aos mozos e mozas en paro de longa duración: un emprego, unhas prácticas ou unha formación complementaria.
Denuncian que a alcaldesa de Moraña impediu a gravación do pleno do Concello por parte de Quinteiro, xornal dixital da comarca do Umia, a pesar de que a lei permite a gravación e difusión dos plenos municipais.
Wert asegura que o seu borrador "non cambia o réxime lingüístico catalán". "O ataque á escola catalá é rotundamente falso; non se diminúe o catalán e establécese a paridade", asegura tras a conferencia sectorial de educación.
Unha familia da Pobra do Caramiñal cede tres vivendas para persoas desafiuzadas ou sen recursos, informa Galiciaé. A cesión encoméndanlla a Stop Desafiuzamentos.
Masivas protestas contra o presidente Morsi na praza Tahrir. A policia está a empregar gases lacrimóxenos contra os manifestantes. Oito xornais fixeron folga este martes en protesta polas restricións á liberdade de expresión e as televisións privadas farán o mesmo este mércores.
A policía vén de atopar outros 380.000 euros nunha caixa de seguridade pertencente ao cuñado de Ángel de Cabo, liquidador das empresas de Díaz Ferrán. Xa van dous millóns de euros en metálico.
O Congreso do PPdeG celebrarase en Lugo entre o 19 e o 20 de xaneiro. Ratificouno esta tarde a xunta directiva autonómica do partido.
Galicia rexistra un déficit do 1,17% do PIB ata setembro e queda a tres décimas do límite imposto para final de ano.
Unha moza de Portomarín, investigada por ameazas á deputada Andrea Fabra. Declarou ante a Policía Nacional por un correo electrónico que lle enviou no seu día á parlamentaria para reprocharlle a súa polémica expresión "¡que se fodan!". Cóntao El Progreso.