Unha moza de Portomarín, investigada por ameazas á deputada Andrea Fabra. Declarou ante a Policía Nacional por un correo electrónico que lle enviou no seu día á parlamentaria para reprocharlle a súa polémica expresión "¡que se fodan!". Cóntao El Progreso.
Fálase
A conselleira catalá de Educación planta a Wert e abandona a conferencia sectorial de Educación na que se debate a futura reforma educativa. Irene Rigau anuncia que a Generalitat presentará un recurso ao Constitucional se prospera o borrador.
Artur Mas convoca os partidos cataláns para facer fronte común contra a reforma educativa de Wert. A Generalitat insiste en que non pensa aplicala e reafírmase na defensa da inmersión lingüística.
O servizo de comunicación do Goberno dos Estados Unidos emite unha nota para aclarar que "é un falso rumor" que vaia chegar a fin do mundo o día 21 deste mes.
- Feijóo evita aclarar se a Xunta está disposta a financiar colexios privados para impartir clase dó en castelán. Afirma que Galicia non ten "problemas" cos idiomas nas aulas grazas a un modelo "bilingüe". Máis información, esta mañá en Praza.
- Membros de Stop Desafiuzamentos permanecen no interior dunha sucursal do Santander para tentar frear un desaloxo. No exterior permanecen dúas 'grileiras' da policía.
Absoltos os sindicalistas de CCOO e CIG que foran condenados a cadea por participar nun piquete en 2009 e que estaban en folga de fame.
Membros de Stop Desafiuzamentos péchanse nunha sucursal do Banco Santander na Praza de Galicia, en Compostela, para "defender o dereito á vivenda de catro veciñas e veciños". "Non pensamos abandonar ata que se lles dea unha resposta e unha solución xusta e boa a estes casos de máxima urxencia", din
El Diario analiza como se notan nos datos do mercado laboral os recortes en dependencia. Das preto de 160.000 coidadoras non profesionais, unhas 140.000 causaron baixa da Seguridade Social por mor dos recortes aprobados en xullo. E dos máis de 205.000 afiliados menos rexistrados en novembro, 85.000 eran coidadoras.
Os recortes sociais provocan que 140.000 das 160.000 coidadoras profesionais que antes cotizaban a través da Lei da Dependencia causen baixa na Seguridade Social. En El Diario