Os recortes sociais provocan que 140.000 das 160.000 coidadoras profesionais que antes cotizaban a través da Lei da Dependencia causen baixa na Seguridade Social. En El Diario

Os recortes sociais provocan que 140.000 das 160.000 coidadoras profesionais que antes cotizaban a través da Lei da Dependencia causen baixa na Seguridade Social. En El Diario
Feijóo reitera que a culpa dos malos datos do paro é do Goberno de Zapatero, porque "do chachachá non é", dixo nunha entrevista na Cadena SER
Galicia suma 276.536 parados, 8.724 máis que no pasado mes (+ 3,26%) e 23.120 parados máis que hai un ano (+ 9,12%). Toda a información, nuns minutos en Praza.
Telemadrid vive hoxe unha nova xornada de folga. Pero nesta ocasión en lugar de que a imaxe marchase a negro puido verse de fondo unha foto fixa de Diaz Ferrán.
O paro aumentou en novembro en 74.296 desempregados, un 50% máis que en novembro de 2011, polo que o número de persoas inscritas nas oficinas de búsqueda de emprego se sitúa en 4.907.817, un novo récord.
Un grupo de militantes do PSdeG crean o colectivo Por un novo socialismo galego para reclamar a renovación do partido e rexeitar que o congreso do vindeiro ano "se cociñe dende a actual cúpula". Participan, entre outros, Iván Puentes, Antón Louro, Gonzalo Diz, Ana Domínguez, Sonia Verdes, Xaquín Fernández Leiceaga ou Rosa Méndez.
Unha afectada polas subordinadas péchase nun caixeiro de Gondomar para pedir que lle devolvan os cartos. Outros prexudicados fan quendas para apoiala.
A prensa catalá critica con dureza o proxecto de reforma educativa. El Periódico denuncia que "Wert relega o catalán a cuarta lingua escolar" e Ara fala de "Golpe de Estado contra o catalán na escola".
A Nasa revela en rolda de prensa os avances do seu robot Curiosity en Marte e afirma que polo de agora non atopou material orgánico ningún pero salienta que todos os instrumentos funcionan á perfección
Gómez Noya e Iván Raña cargan contra a Federación Española de Triatlón. "Trafican co noso suor; están usando os nosos éxitos para promocionarse", din. Cóntao Pontevedra Viva.