A Nasa revela en rolda de prensa os avances do seu robot Curiosity en Marte e afirma que polo de agora non atopou material orgánico ningún pero salienta que todos os instrumentos funcionan á perfección

A Nasa revela en rolda de prensa os avances do seu robot Curiosity en Marte e afirma que polo de agora non atopou material orgánico ningún pero salienta que todos os instrumentos funcionan á perfección
Gómez Noya e Iván Raña cargan contra a Federación Española de Triatlón. "Trafican co noso suor; están usando os nosos éxitos para promocionarse", din. Cóntao Pontevedra Viva.
Paradores pechará os seus establecementos de Ferrol e Verín. Adiántao El País.
Serxio Iglesias gaña o Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía coa obra Viaxe ao interior da fenda. O autor de Corcubión recibirá o galardón o vindeiro 15 de decembro en Dodro.
A CIG reivindicou esta mañá a necesidade dun novo convenio para o sector do comercio cunha acción de protesta en dúas tendas viguesas do grupo Inditex, nas que traballadoras e traballadores do sector mercaron roupa para, a continuación, devolvela.
Universidades galegas e portuguesas poñen en marcha un premio de xornalismo literario para homenaxear a Teixeira Pascoaes e Vicente Risco
O Goberno cualifica de "prevaricación" pagarlle a extra de Nadal aos funcionarios. O ministro Montoro ameaza así as comunidades como Euskadi que anunciaron mecanismos para poder manter o pago.
A policía atopa un quilo de ouro e 150.000 euros na casa de Díaz Ferrán, detido hoxe por suposto branqueo de capitais. Cóntao El Diario
Hoxe hai 20 anos que se enviou a primeira sms entre rudimentarios teléfonos móbiles.
España recibirá os fondos da axuda financeira para a banca o vindeiro 12 de decembro. Case 5.500 millóns dos 39.468 totais serán destinados a Novagalicia Banco.