Hoxe hai 20 anos que se enviou a primeira sms entre rudimentarios teléfonos móbiles.

Hoxe hai 20 anos que se enviou a primeira sms entre rudimentarios teléfonos móbiles.
España recibirá os fondos da axuda financeira para a banca o vindeiro 12 de decembro. Case 5.500 millóns dos 39.468 totais serán destinados a Novagalicia Banco.
O Estado recadou a metade do previsto coa amnistía fiscal. Vén de anuncialo o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. En El Diario.
AGE denunciará xudicialmente a Xunta por desobediencia no caso de que incumpra a sentenza do TSXG sobe o Decreto de Plurilingüismo. Vén de anuncialo Yolanda Diaz nun encontro cos representantes da Real Academia Galega na Coruña.
Afectados e afectadas polas preferentes de Novagalicia Banco maniféstanse a esta hora polo centro de Pontevedra para esixir a devolución dos seus cartos
Gran Bretaña e Francia convocan os embaixadores israelís nos seus países para comunicarlles a súa protesta polos plans de Israel de construir 3.000 vivendas en territorios palestinos de Xerusalén Leste e Cisxordania
Deteñen o ex presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por un presunto delito de branqueo de cartos. En El Diario.
Os conselleiros e conselleiras da Xunta veñen de tomar posesión. Todos xuraron, agás Jesús Vázquez e Rocio Mosquera, que prometeron os seus cargos. Feijóo subliña que Rueda vai ser responsable da "interlocución" co Parlamento.
Lanzan unha web na que, ao estilo de A Vida de Brian, pregúntase "que fixo a NASA para mellorar a nosa vida" e ofrece unha lista dos inventos e innovacións que naceron grazas á exploración espacial.
Lee Sustar reflexiona en Sinpermiso sobre se "Morsi secuestrará a revolución" en Exipto