Deteñen o ex presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por un presunto delito de branqueo de cartos. En El Diario.

Deteñen o ex presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por un presunto delito de branqueo de cartos. En El Diario.
Os conselleiros e conselleiras da Xunta veñen de tomar posesión. Todos xuraron, agás Jesús Vázquez e Rocio Mosquera, que prometeron os seus cargos. Feijóo subliña que Rueda vai ser responsable da "interlocución" co Parlamento.
Lanzan unha web na que, ao estilo de A Vida de Brian, pregúntase "que fixo a NASA para mellorar a nosa vida" e ofrece unha lista dos inventos e innovacións que naceron grazas á exploración espacial.
Lee Sustar reflexiona en Sinpermiso sobre se "Morsi secuestrará a revolución" en Exipto
O DOG publica este luns a nova estrutura orgánica da Xunta e os nomeamentos dos conselleiros e conselleiras, que toman posesión ás 10:30 no Pazo de Raxoi.
Conclúe hoxe o prazo das comunidades para solicitar o rescate autonómico. Castela e León podería unirse aos nove territorios que xa solicitaron acollerse ao Fondo de Liquidez Autonómico.
Duran Lleida afirma en twitter que Unió non plantexa "outro pacto de goberno que non sexa con ERC e/ou PSC" desmentindo a opción dun acordo de CiU co PP.
A plataforma de profesores asociados da Universidade de Vigo constitúese en asociación para protestar contra o Decreto no ministro de Educación, Ignacio Wert, que anula as renovacións dos seus contratos
O consumo de televisión en España acadou un novo record en novembro. A media chegou aos 269 minutos por persoa e día, catro horas e media
Bersani gaña con claridade as primarias do Partido Democrático (PD), a principal forza do centroesquerda italiano, ao impoñerse a Matteo Renzi, alcalde de Florencia, con máis do 60% dos votos.