Bersani gaña con claridade as primarias do Partido Democrático (PD), a principal forza do centroesquerda italiano, ao impoñerse a Matteo Renzi, alcalde de Florencia, con máis do 60% dos votos.

Bersani gaña con claridade as primarias do Partido Democrático (PD), a principal forza do centroesquerda italiano, ao impoñerse a Matteo Renzi, alcalde de Florencia, con máis do 60% dos votos.
O Celta remata empatando a un gol co Levante en Balaídos
O voceiro de lingua do PSdeG, Francisco Caamaño, rexistra unha iniciativa no Parlamento para instar a Xunta a adaptar a súa normativa lingüística á sentenza do TSXG sobre o decreto do plurilingüismo. A actual regulamentación "atenta contra a lingua de Galicia", di Caamaño.
Un empate e unha derrota para os representantes galegos na Segunda B de fútbol. O Ourense igualou a un gol no campo do Avilés e o Coruxo caeu 2-3 ante o Marino de Luanco.
Resultados da terceira división galega de fútbol:
Narón 1 - 4 Rácing de Ferrol
Celta B 2 - 3 SD Compostela
Vilalbés 0 - 0 Deportivo B
Somozas 2 - 1 Alondras CF
Barbadás 2 - 2 As Pontes
Céltiga 1 - 1 Vilalonga
Negreira 0 - 1 Betanzos
Cerceda 1 - 0 Rápido de Bouzas
Bergantiños 1 - 0 Ordes
Pontevedra 2 - 1 orneda
O Deportivo perde ante o Betis por 2 goles a 3 en Riazor.
Os conselleiros e conselleiras tomarán posesión mañá ás 10:30 no Pazo de Raxoi. Tras o acto oficial, celebrarán o primeiro Consello da Xunta da lexislatura.
HÓQUEI LIÑA As Meigas de Lugo venceron por primeira vez por 2 a 4 na pista de Las Rozas e abandonan o último lugar da clasificación, que agora ocupan as madrileñas.
HÓQUEI PATÍNS O Liceo continúa co seu inicio de Liga espectacular (9 vitorias e 1 empate) e tras golear o Blanes por 6 a 1 afiánzase no liderado, con 3 puntos de vantaxe sobre o Barcelona. Na Primeira División, o Cerceda perdeu a súa imbatibilidade ao perder por 4 a 3 na súa visita a Vilafranca, a pesar do cal mantén a terceira posición tras disputarse a 6ª xornada da competición. Na máxima división feminina, o Traviesas Vigo voltou perder, desta vez na casa por 0 a 3 ante o Girona, e segue sen puntuar tras cinco xornadas.
FUTSAL Santiago 11 - Santa Coloma 4, Azkar Lugo 4 - Manacor 3 e El Pozo 9 - Burela 0. Con estes resultados, o Santiago Futsal consolídase nos primeiros postos, a 2 puntos do liderado que comparten Barcelona e El Pozo, o Azkar Lugo sobe tres postos tras conseguir a segunda vitoria da temporada e o Burela Pescados Rubén continúa como pechacancelas na súa estrea na elite do futsal español, sen ter conseguido aínda puntuar.