O Goberno de Portugal publica as principais comunicacións, documentos e auditorías oficiais do incendio de Pedrógão Grande. Pódense consultar e descargar na web do Executivo portugués.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5959ed2580767-594653cc0e2b7-dcjr9d0v0aiyitl.jpg)
O Goberno de Portugal publica as principais comunicacións, documentos e auditorías oficiais do incendio de Pedrógão Grande. Pódense consultar e descargar na web do Executivo portugués.
Gerardo Conde Roa declara hoxe como investigado en Lugo polo presunto financiamento irregular do PP de Santiago. A declaración do ex-alcalde de Santiago foi adiada o pasado xuño porque reside en Alemaña.
O DOG dá conta do recurso de inconstitucionalidade de En Marea contra a lei da Xunta para nomear 'a dedo' os letrados do Consello Consultivo.
Unha enquisa sinala unha suba de intención de voto ao PSOE tras a vitoria de Sánchez e outra, unha baixada. eldiario.es recolle ambos inquéritos.
A plataforma de vítimas do accidente do Alvia marchará entre a estación de tren de Compostela e a Praza do Obradoiro o vindeiro 24 de xullo, no cuarto aniversario da traxedia, demandando un ano máis "verdade e xustiza" e con máis esperanza en que se investiguen e xulguen as responsabilidades políticas do sinistro.
Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais nos últimos 5 anos. Carballo (Carballo), Montes (Cualedro), O Pereiro (A Mezquita) e Pontellas (O Porriño) encabezan a lista. Ames impulsa un programa para plantar un milleiro de castiñeiros, nogueiras, abrairas e cerdeiras como forma de loitar contra o lume
Este domingo péchase en Combarro o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Un recital poético, presentacións editoriais ou o proxecto Sentir o mar de navegación para persoas cegas protagonizaron a derradeira xornada
Vén de botar a andar no MARCO a investigación Vigo Rebelde, o metal en loita, un proxecto experimental e colectivo que percorre o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade
A folga do transporte por estrada vivirá este luns unha xornada clave, coas xuntanzas que o Goberno galego manterá coa patronal do sector (10 horas) e cos sindicatos (16 horas), e que darán continuidade ao encontro a tres bandas que a Xunta aceptou manter o pasado xoves, despois de varios días de negativas.
A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. O premio entregarase o vindeiro 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, en Vilagarcía de Arousa.