António Costa disponse a asegurar apoios no grupo do Partido Socialista ao pacto de esquerdas para o novo Goberno portugués. Crónica no xornal Público.
Fálase
Microsiervos homenaxea a Regreso ao futuro no día (este 21 de outubro de 2015) cara ao que os protagonistas do filme realizaban un dos seus saltos temporais. A páxina recompila todas as anotacións que nos últimos anos publicou ao redor da película.
Economía Digital analiza a estrutura de propiedade do novo hospital de Vigo. A construtora galega Puentes y Calzadas preside a concesionaria, pero o dominio real corresponde a Acciona e á empresa francesa Veolia
Un vídeo imaxina como sería Lourizán sen a presenza de ENCE e Elnosa. A recreación, realizada por Benito Montenegro, supera as cinco mil reproducións nunhas horas.
O PP rexeita que se xulgue ministros franquistas reclamados en Arxentina e insta a oposición a "deixar en paz os mortos". eldiario.es recolle o debate deste martes no Congreso.
O pleno do Concello da Coruña aproba o modificativo de crédito que tiña pendente cos votos favorables da Marea Atlántica e do PSdeG, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.
A eurodeputada de AGEe Lidia Senra, que accedeu este martes por segunda vez á sala de lectura da documentación confidencial do TTIP, denuncia que os documentos importantes do tratado en materia agraria non están dispoñibles para a súa consulta. Ecologistas en Acción criticou este luns que a pesar dos anuncios realizados hai meses pola comisaria de Comercio Cecilia Malmström, a información sobre as negociación segue sendo totalmente opaca, mesmo para os parlamentos europeo e estatais.
Gonzalo Hermo gaña o Nacional de poesía moza con 'Celebración'
A FP de Tauromaquia que prepara o Ministerio de Educación inclúe unha materia sobre matar con "eficacia e pureza". El Mundo adianta os contidos do controvertido plan.
O Goberno pídelle á Comisión Europea que autorice coches diesel un 43% máis contaminantes dos límites fixados por Europa. Argumenta que as marxes máis estritas poden prexudicar á economía española.