O PP rexeita que se xulgue ministros franquistas reclamados en Arxentina e insta a oposición a "deixar en paz os mortos". eldiario.es recolle o debate deste martes no Congreso.
Fálase
O pleno do Concello da Coruña aproba o modificativo de crédito que tiña pendente cos votos favorables da Marea Atlántica e do PSdeG, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.
A eurodeputada de AGEe Lidia Senra, que accedeu este martes por segunda vez á sala de lectura da documentación confidencial do TTIP, denuncia que os documentos importantes do tratado en materia agraria non están dispoñibles para a súa consulta. Ecologistas en Acción criticou este luns que a pesar dos anuncios realizados hai meses pola comisaria de Comercio Cecilia Malmström, a información sobre as negociación segue sendo totalmente opaca, mesmo para os parlamentos europeo e estatais.
Gonzalo Hermo gaña o Nacional de poesía moza con 'Celebración'
A FP de Tauromaquia que prepara o Ministerio de Educación inclúe unha materia sobre matar con "eficacia e pureza". El Mundo adianta os contidos do controvertido plan.
O Goberno pídelle á Comisión Europea que autorice coches diesel un 43% máis contaminantes dos límites fixados por Europa. Argumenta que as marxes máis estritas poden prexudicar á economía española.
15 días despois da entrada en vigor do acordo do sector leiteiro, o litro de leite subiu ao redor de cinco céntimos no supermercado, pero os produtores só reciben un céntimo máis, destaca La Voz de Galicia.
O centroesquerda gaña as eleccións en Canadá, tras unha década de dominio conservador. Justin Trudeau (Partido Liberal) será primeiro ministro
Exculpan a Dilma Rousseff e a Lula da Silva polo caso Petrobras. A comisión parlamentaria de investigación afirma que non hai "ningunha proba" contra eles e manifesta que a petroleira foi "vítima dun cártel" formado por construtoras "coa complicidade dalgúns malos funcionarios".
JxSí e CUP dan por feito que non haberá pacto antes das eleccións xerais, destaca El Periódico. CDC non ve tempo abondo para pechar a investidura do novo goberno catalán antes das primeiras votacións, a comezos de novembro. ERC propón a Forcadell para presidir o Parlament