A xuíza De Lara pide explicacións sobre as fotos en Twitter da detención dunha testemuña da Pokémon. A policía local de Ferrol bromeou sobre o incautado ao detido.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54644f50cbc3f-diligencias-cuenta.jpg)
A xuíza De Lara pide explicacións sobre as fotos en Twitter da detención dunha testemuña da Pokémon. A policía local de Ferrol bromeou sobre o incautado ao detido.
O museo Marco de Vigo celebra o seu 12º aniversario coa ampliación de horarios e actividades para todos os públicos.
El País relata a amizade de Feijóo e Pachi Lucas, conseguidor da trama Zeta, que leva quince anos ao lado do presidente da Xunta, é habitual dos actos políticos e traballou para o PPdeG.
A Audiencia Nacional declara nulo o ERE de Atento e obriga a readmitir 672 traballadores, 49 deles na Coruña. Os traballadores recibirán o salario desde o momento no que foron dados de baixa.
O PP rebaixa a protección dos parques nacionais para que os terratenentes poidan cazar neles. Unha emenda no Senada prorroga ata 2020 o prazo para pechar os cotos.
Marina Castaño, imputada por malversación, estafa, apropiación indebida e fraude na súa xestión na Fundación Cela, rescatada pola Xunta en 2012. Recólleo Europa Press
Carmen Iglesias e Consuelo Martínez rotarán como voceiras do Grupo Mixto en cada período de sesións, segundo informa Cerna. No vixente período a responsabilidade será para Iglesias.
A ESA xa ofrece as primeiras imaxes do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. GCiencia está a seguir ao vivo esta pioneira operación da Axencia Espacial Europea.
Pódese seguir en directo a transmisión da ESA da aterraxe de Philae na superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, despois de que hai unhas horas se separase da sonda Rosetta. Este vídeo recolle o momento da chegada do aterrador á superficie do cometa.
Médicos do Mundo lanza a campaña Sanichollo, que busca concienciar sobre os recortes na Sanidade, pero co estilo dunha web de ofertas.