Esta mañá as persoas que accedan ao Diario Oficial de Galicia están a atopar que a versión por defecto do boletín que aparece ao acceder dende a web da Xunta está redactada en castelán.

Esta mañá as persoas que accedan ao Diario Oficial de Galicia están a atopar que a versión por defecto do boletín que aparece ao acceder dende a web da Xunta está redactada en castelán.
Lainformacion.com publica unha comparativa das condicións laborais de Alemania, Francia, Holanda, R.Unido, Italia, Dinamarca e Irlanda
80.000 documentos persoais de Albert Einstein van estar dispoñibles na rede: documentos de traballo, textos políticos e mesmo cartas de amor.
A Fundación Puntcat, que xestiona o dominio catalán .cat, ofrecerá dominios a metade de prezo para contrarrestar a decisión de Blogger de incorporar dominios territoriales (.es para todos os blogs do Estado) ás páxinas de blogspot.
O Tribunal Constitucional non se pronunciará sobre o aborto antes de que o Goberno aprobe a nova lei que restrinxe este dereito. O TC darálle prioridade aos fallos sobre a ilegalización de Sortu e sobre a doutrina Parot.
A Unión Europea presiona para que a Xunta non dea 4 millóns de euros a un empresario acusado de pesca ilegal. Cóntao El País Galicia.
O 27% dos norteamericanos consulta medios de comunicación a través de móbiles ou tablets, segundo o estudo State of the News Media do Pew Research Center. O estudo conclúe que as noticias se están convertindo nun elemento cada vez máis importante e penetrante da vida das persoas, pero aínda segue sen estar claro quen se vai beneficiar economicamente desta maior demanda de información". Aínda que no 2011 os ingresos por publicidade en Internet aumentaron nos EE.UU. un 23%, mentres que descenderon un 7% na prensa impresa, este crecemento segue sendo insuficiente.
Este luns presentouse o programa do Festival Play-Doc de Tui, que comezará este mércores e que contará coa presenza destacada de Artavazd Pelechian e Ross McElwee, referentes do documental soviético e autobiográfico respectivamente.
Verdegaia fixa catro prioridades para o seu traballo en 2012: a modificación da Lei de Costas, a loita polos dereitos sociais, o Plano Director de Acuicultura e o proxecto de base de avións non tripulados que se pretende levar a cabo no concello ourensán de Trasmiras. Así mesmo, a asociación renovou a súa Comisión Coordinadora, con Diego R. Vieites, como coordinador, Miguel Pardellas como vicecoordinador e María Ogando, como secretaria xeral. As distintas reponsabilidades son xestionadas por Nacho Jorganes, Xián Nieto, Sabela Iglesias, Diego R. Vieites, Sabela García, Xosé Cadaveira e Tamara Roig.
A arma utilizada nun tiroteo esta mañá en Toulouse foi usada noutros dous ataques, segundo as informacións que publican a esta hora os medios franceses. Ambas as dúas agresións previas tiveron unha motivación racista ou neonazi. Le Monde ten máis datos