A presión das autonomías obriga a Wert a revisar as bolsas. O ministro de Educación acepta modificar a nota para acadar as axudas en bacharelato e FP. As socialistas Andalucía e Asturias pero tamén as populares Castela-A Mancha e Castela e León posicionáronse contra o decreto do Goberno dende un primeiro momento na xuntanza que tivo lugar a última hora de onte.
