Introducen unha solicitude de apoio ao "dereito a decidir" de Catalunya na web de peticións da Casa Branca. A petición xa leva recollidas máis de 1.000 sinaturas.
Fálase
O FMI cuestiona a prórroga de Bruxelas aos bancos nacionalizados. Recomenda desmantelar "as entidades non viables" de forma ordenada, tal e como conta El Diario.
As bases de EUiA apostan por axudar a CUP a ter grupo propio no Parlament de Catalunya e propoñen ceder deputados para que a candidatura anticapitalista chegue a cinco actas.
Unha persoa inmersa nun proceso de desafiuzamento suicídase en Navarra. Así o confirmou o Tribunal Superior de Xustiza da comunidade, segundo conta Europa Press.
Kraftwerk e Pet Shop Boys encabezarán o cartel do Sónar 2013, que celebra o seu 20 aniversario e incorpora unha nova sede: Reikiavik. En Barcelona tamén se poderán escoitar a Two Door Cinema Club ou Lindstrøm & Todd Terje.
Almunia impón unha redución de tamaño de máis do 60% a Novagalicia Banco até 2017. É a condición para todas as entidades nacionalizadas para poder autorizar unha inxección de capital de 37.000 millóns. Máis información, esta mañá en Praza.
Hai hoxe dezanove anos celebrábase en Vilagarcía unha multitudinaria e histórica manifestación contra o narcotráfico
Jesús Maraña, ex director de Público, anuncia o lanzamento dun novo proxecto informativo: infoLibre, con xornalistas procedentes de Público, El País e RTVE. A presentación do xornal denuncia que a crise económica "ameaza tanto á democracia coma ao xornalismo, subordinados cada vez máis aos intereses do poder económico e financeiro"
A folga dos gandeiros segue firme e non se está a recoller leite, segundo asegura Unións Agrarias. Gandeiros, industria e Xunta reúnense ás 17.15 horas desta tarde para intentar alcanzar un acordo. Imaxe de @gandeiros_gal.
López Sors anuncia que só responderá as preguntas da súa defensa, tras queixarse do trato recibido onte polo avogado da propietaria do Prestige. O ex director xeral da Mariña Mercante afronta hoxe o seu terceiro día de declaración no xuízo pola catástrofe.