A folga dos gandeiros segue firme e non se está a recoller leite, segundo asegura Unións Agrarias. Gandeiros, industria e Xunta reúnense ás 17.15 horas desta tarde para intentar alcanzar un acordo. Imaxe de @gandeiros_gal.

A folga dos gandeiros segue firme e non se está a recoller leite, segundo asegura Unións Agrarias. Gandeiros, industria e Xunta reúnense ás 17.15 horas desta tarde para intentar alcanzar un acordo. Imaxe de @gandeiros_gal.
López Sors anuncia que só responderá as preguntas da súa defensa, tras queixarse do trato recibido onte polo avogado da propietaria do Prestige. O ex director xeral da Mariña Mercante afronta hoxe o seu terceiro día de declaración no xuízo pola catástrofe.
Os investigadores Ramón y Cajal alertan dunha inminente "fuga de talentos" a outros paises e de que "toda una xeración de científicos" está en perigo en España pola negativa do Goberno a crear ou renovar as prazas para investigadores nas universidades e outros centros.
Basilio Losada, tradutor e primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona, gaña o XXXV premio Otero Pedrayo
"Se a reforma laboral estivese vixente nos últimos anos, non se terían perdido tres millóns de empregos", asegura Mariano Rajoy, durante a sesión de control ao Goberno.
O ministro de Exteriores, García Margallo, confirma na sesión de control ao Goberno que España votará mañá a favor do ingreso de Palestina na ONU como membro observador "por coherencia e porque cremos que é o mellor para aproximarnos á paz".
O PP rexeita no Congreso que as mulleres maltratadas esteas exentas de pagar taxas xudiciais. Os populares votaron en contra dunha proposta socialista.
Continúan as protestas en Exipto contra o presidente Morsi e a acumulación de poderes que busca coas súas últimas medidas.
Os últimos datos do Gran Colisor de Hadróns suxiren que as colisións poderian estar producindo un novo tipo de materia.
Unha concelleira de CiU en Barcelona pregunta a través da súa conta de twitter se o voceiro das CUP, David Fernàndez, irá ao Parlamento "cos cans e as flautas".