Os últimos datos do Gran Colisor de Hadróns suxiren que as colisións poderian estar producindo un novo tipo de materia.

Os últimos datos do Gran Colisor de Hadróns suxiren que as colisións poderian estar producindo un novo tipo de materia.
Unha concelleira de CiU en Barcelona pregunta a través da súa conta de twitter se o voceiro das CUP, David Fernàndez, irá ao Parlamento "cos cans e as flautas".
Duran i Lleida di que a consulta deixou de ser un tema prioritario: "A consulta pode facerse dentro de un, dous, tres, catro anos pero pasado mañá hai que tomar decisións no Goberno".
Europa aprobará hoxe os plans para a reestruturación das entidades bancarias nacionalizadas, entre elas Novagalicia. O banco non foi subastado e terá cinco anos para realizar axustes e buscar investidores antes da súa venda.
Unha sondaxe da revista Temas, que preside Alfonso Guerra, rebaixa a 2,5 puntos a distancia entre PP e PSOE, que só sumarían o 60% dos votos, ao redor do 30 por cento cada un. IU roldaría o 12% e UPyD o 8%.
El Diario conta que un descoñecido lle entregou a ICV a información que permitiu a investigación de Sabadell na que están imputados o alcalde da cidade e o secretario de organización do PSC. Días despois da entrega, uns ladróns entraron na sede de ICV e roubáronlle todos os documentos pero a formación de esquerdas gardara unha copia
Masiva manifestación en apoio á sanidade pública en Madrid. A marcha, co lema A sanidade pública non se vende, deféndese, rematará na Porta do Sol
O Comité de Dereitos Humanos da ONU vén de aprobar unha resolución contra a mutilación xenital feminina que agora deberá ser votada na Asemblea Xeral en decembro.
O Ministerio de Educación recúa na súa intención de reducir a marxe de manobra das autonomías na configuración do currículo escolar, segundo relata da Cadena SER.
Gandeiros de Arzúa regalan o leite aos veciños durante a xornada de folga. Repárteno gratuitamente a través de máquinas expendedoras para concienciar a comarca da grave crise do sector, tal e como informa Unións Agrarias.