Gandeiros de Arzúa regalan o leite aos veciños durante a xornada de folga. Repárteno gratuitamente a través de máquinas expendedoras para concienciar a comarca da grave crise do sector, tal e como informa Unións Agrarias.
Gandeiros de Arzúa regalan o leite aos veciños durante a xornada de folga. Repárteno gratuitamente a través de máquinas expendedoras para concienciar a comarca da grave crise do sector, tal e como informa Unións Agrarias.
Non serve de nada publicar advertencias ou declaracións legais a través dos estados de Facebook. Explícao a revista Materia, que abonda sobre o feito de que estes escritos son "bulos" sen valor "legal" ningún.
El Periódico de Catalunya sinala que a operación contra a presunta corrupción que se está a desenvolver en Sabadell e implica a políticos de varias formacións estaba preparada dende hai máis dun mes, pero foi adiada para non interferir nas eleccións.
La Caixa pecha a compra do Banco de Valencia. É unha das entidades intervidas polo Estado, como Novagalicia Banco. Adiántao o diario Ara.
O BNG censura que a TVG non retransmitise as valoracións dos voceiros parlamentarios tras o discurso de investidura de Feijóo e rexistra unha iniciativa na Cámara para pedir explicacións sobre o sucedido.
Tres ex directivos de Novacaixagalicia ofrecen as polizas das súas pensións como fianza. Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada pretenden así presentar un aval para a fianza imposta polo xuíz instrutor.
O Ministerio de Fomento anuncia que vai aumentar as axudas ás empresas xestoras de autoestradas que teñen risco de creba. En El Economista.
Junqueras aposta por apoiar a Mas dende fóra do Goberno. Mentres, Homs avisa a ERC de que os recortes en 2013 serán o dobre dos executados este ano.
Jesús López Romalde, novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da USC. Substitúe a Carmen Fernández Morante, que cesou en desacordo coa xestión do reitor Juan Casares Long. Romalde é catedrático de Microbioloxía.
Un grupo de militantes do PSOE difunden un video no que piden "perdón" polas decisións adoptadas polos socialistas nos últimos anos de Goberno de Zapatero, "por non actuar a tempo, por agachar a cabeza, por permitir a paciencia infinita cos bancos, por non ser valentes, por fallarte"