Europa aprobará hoxe os plans para a reestruturación das entidades bancarias nacionalizadas, entre elas Novagalicia. O banco non foi subastado e terá cinco anos para realizar axustes e buscar investidores antes da súa venda.

Europa aprobará hoxe os plans para a reestruturación das entidades bancarias nacionalizadas, entre elas Novagalicia. O banco non foi subastado e terá cinco anos para realizar axustes e buscar investidores antes da súa venda.
Unha sondaxe da revista Temas, que preside Alfonso Guerra, rebaixa a 2,5 puntos a distancia entre PP e PSOE, que só sumarían o 60% dos votos, ao redor do 30 por cento cada un. IU roldaría o 12% e UPyD o 8%.
El Diario conta que un descoñecido lle entregou a ICV a información que permitiu a investigación de Sabadell na que están imputados o alcalde da cidade e o secretario de organización do PSC. Días despois da entrega, uns ladróns entraron na sede de ICV e roubáronlle todos os documentos pero a formación de esquerdas gardara unha copia
Masiva manifestación en apoio á sanidade pública en Madrid. A marcha, co lema A sanidade pública non se vende, deféndese, rematará na Porta do Sol
O Comité de Dereitos Humanos da ONU vén de aprobar unha resolución contra a mutilación xenital feminina que agora deberá ser votada na Asemblea Xeral en decembro.
O Ministerio de Educación recúa na súa intención de reducir a marxe de manobra das autonomías na configuración do currículo escolar, segundo relata da Cadena SER.
Gandeiros de Arzúa regalan o leite aos veciños durante a xornada de folga. Repárteno gratuitamente a través de máquinas expendedoras para concienciar a comarca da grave crise do sector, tal e como informa Unións Agrarias.
Non serve de nada publicar advertencias ou declaracións legais a través dos estados de Facebook. Explícao a revista Materia, que abonda sobre o feito de que estes escritos son "bulos" sen valor "legal" ningún.
El Periódico de Catalunya sinala que a operación contra a presunta corrupción que se está a desenvolver en Sabadell e implica a políticos de varias formacións estaba preparada dende hai máis dun mes, pero foi adiada para non interferir nas eleccións.
La Caixa pecha a compra do Banco de Valencia. É unha das entidades intervidas polo Estado, como Novagalicia Banco. Adiántao o diario Ara.